A memoria e obra das mulleres protagoniza as últimas series audiovisuais emitidas por Nós Televisión: ‘Nosoutras, as mulleres da revista Nós‘, elaborada co patrocinio da Deputación de Ourense e ‘Irmás na Fala‘, producida pola Real Academia Galega co apoio do Concello da Coruña.
Nosoutras
Nosoutras é a primeira serie documental sobre as tres mulleres que escribiron artigos propios na revista Nós, un dos maiores emblemas culturais galegos. “É a primeira vez que se aborda a revista Nós fixándose nas mulleres e que se coloca a vida e obra delas no centro da órbita Nós”, destacan desde o equipo de Nós Televisión que contou co patrocinio da Deputación de Ourense para elaborar esta serie documental que foi gravada maioritariamente nesta provincia.
Irmás na Fala
‘Irmás na Fala‘, un traballo audiovisual realizado por Nós Televisión coa produción da Real Academia Galega e o apoio económico do Concello da Coruña. A serie aborda en catro capítulos a historia das irmandiñas que desde 1916 pularon pola lingua e cultura galega. Esta serie documental emitirá o seu último capítulo o vindeiro martes 28 de novembro.