Retomamos esta interesante entrevista con Ana Fernández, mestra de baile e música tradicional, pandeireta e outras percusións de man. Se aínda non a viches, non a perdas! Unha boa opción para ver nestes últimos días de verán e neste ano tan especial para as tocadoras.
Ana Fernádnez forma parte da Asociación de Tocadoras Galegas Somos Pandeireteiras e dirixe agrupacións como a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Padrón, as Escolas Municipais de Baile e Pandeireta de Brión e as Pandeireteiras As Atrevidas de Monte, de A Baña.



