A primeira longametraxe de ficción de Sonia Méndez, ‘As Neves’, un drama protagonizado por adolescentes na Fonsagrada (Lugo), chegará aos cinemas o 10 de maio logo de estrearse na Sección Oficial da 27º edición do Festival de Málaga que se celebrará o 10 de marzo. En palabras da cineasta, “é moi alentador para min que o Festival de Málaga aposte por unha ópera prima, en galego e con actores debutantes mozos”.
O filme é un drama adolescente ambientado nunha vila ficticia chamada As Neves, —trasunto da Fonsagrada (Lugo)— que se achega con mirada íntima á xeración moza que vive no contraste entre a hiperconexión e o illamiento. Está protagonizada por Andrea Varela, David Rodríguez Fernández (‘Live is life’) e Antía Mariño, aos que se suman outros novos talentos debutantes, e conta coa colaboración especial de Lucía Veiga (‘Rapa’, ‘A desorde que deixas’).
‘As Neves’ é una produción de Cósmica Producións en coproducción con Aquí y Allí Films, coa participación de RTVE, CRTVG e CREA SGR, a colaboración de HBO, o financiamento do Ministerio de Cultura (ICAA), o Instituto de Crédito Oficial e a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. Chegará ás salas de cine o vindeiro 10 de maio da man da distribuidora Sideral.
Sipnose
As Neves é unha vila galega de montaña donde todos se coñecen. Na noite do Entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa e toman setas alucinóxenas por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e coa noticia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Comeza unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.