‘As mulleres que opinan son perigosas’ volve a Pontevedra

Este venres e sábado, 10 e 11 de xuño, volven a Pontevedra as sesións presenciais do Encontro de Mulleres Xornalistas ‘As mulleres que opinan son perigosas’. Por iso, esta quinta edición, que se celebrará no  Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, leva o subtítulo de ‘4 anos e unha pandemia despois’. Nesta edición, máis ambiciosa ca nunca, participarán un total de 18 xornalistas. “Por que somos perigosas? Porque cuestionamos o sistema patriarcal existente que tamén ten tanta presenza nos medios de comunicación“, sostén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ante as cámaras de Nós Televisión.

Dúas profesionais con longa traxectoria serán os nomes de referencia nesta edición: Mamen Mendizábal, xornalista e presentadora de televisión que pechará a xornada do venres coa conferencia Un encontro moi esperado e Mercedes Milá, xornalista e presentadora de televisión que colocará o colofón a dous intensos días de relatorios o sábado coa conferencia titulada Mila vs. Milá. Sen complexos nin etiquetas desde 1974.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego