As mulleres serán as grandes protagonistas da programación do Culturgal prevista para este próximo venres, 28 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Un concerto triple de Faia Díaz, Felisa Segade e A Pedreira encherá de son esta xornada tan especial da edición deste ano da feira cultural galega por excelencia.
As entradas pódense adquirir entrando aquí.
Se queres saber máis sobre o proxecto de Ugia Pedreira, podes ver a entrevista que Nós Televisión lle fixo cando lanzou o seu último traballo, Basal.



