A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) vén de publicar na súa canle de YouTube e no web lgx15.gal os vídeos do décimo LGx15. Ideas para o futuro da lingua que tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado 26 de outubro.
Trátanse de cinco intervencións que compilan experiencias e propostas que poden mellorar o futuro da lingua. En concreto, nesta edición, subiron ao escenario Sole Felloza, José Manuel Menéndez, Rodri Míguez, Illa Bufarda e Bernardo Penabade e contou coa música de Nadie González, de quen tamén se inclúen vídeos na canle de YouTube da CTNL e no web lgx15.gal. O evento en directo estivo conducido pola narradora María da Pontragha.
Esta nova edición do LGx15 contou coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, do Concello de Santiago de Compostela, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.