A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura. Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza silenciosa, unha complicidade feita de miradas e agarimos, decididas a que non sexa tan doado reinventarse sen asumir as consecuencias. Esta novela de Alba Tomé, publicada por Editorial Galaxia, esculca no sórdido e no tenro, na crueza e na delicadeza. Un relato poderoso que nos lembra que detrás das portas dunha familia aparentemente común pode agocharse unha violencia invisible e unha forza inesperada disposta a romper o silencio.
As humidadesA
Finalista Premio Illa Nova de Narrativa 2025
#EspazoLiterario
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'



