As galegas Eduardo Soutullo e Paula Carballeira, Premio Nacional da Música e da Literatura Dramática respectivamente

O vigués Eduardo Soutullo súmase a Paula Carballeira, de Fene, no recoñecemento dun Premio Nacional das artes 2023. O Ministerio de Cultura outórgalle o galardón a Soutullo (Vigo, 1968) polo “unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral, destacando a estrea en 2022 en San Petersburgo (Rusia) da súa cantata O queixume dos xirasois”, subliña nun comunicado o departamento que dirixe Miquel Iceta. Está a primeira vez que un destes galardóns da área de música recae nun artista galego.

A comezos de mes tamén sabiamos do recoñecemento a Paula Carballeira Cabana. A fenesa fíxose co Premio Nacional de Literatura Dramática de 2023, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra As alumnas (Galaxia).

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego