As cámaras de Nós Televisión, no día grande de ‘Aquí tamén se fala’

Este venres pasará á historia como un dos días grandes para o idioma galego e Nós Televisión non quixo perder esa cita. As nosas cámaras desprazáronse até A Coruña para entrar no IES Rael Dieste, Instituto de Educación Secundaria do que partiu a campaña Aquí tamén se fala, que se converteu ao longo do curso en referente en toda Galiza para a defensa e dinamizacion da nosa lingua e cultura.

A escasas horas do festival organizado directamente polo estudantado e que reúne na Praza da Tolerencia herculina a grupos como Grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira, Nós Televisión conversa co profesor de Lingua e Literatura galega do IES Rafael Dieste, Alberto Pombo, creador e responsable inicial de Aquí tamén se fala galego, e con noita máis xente do centro e alumnado activo. A súa iniciativa logrou que máis de 200 centros de ensino de toda Galiza se sumasen á campaña progresivamente e, actuando como se verdadeiros técnicos de normalización lingüística foran, encheron os comercios e establecementos de boa parte do país con carteis a favor de utilizar o idioma galego.

O resultado das gravacións que está a realizar Nós Televisión poderá verse nos próximos días a través das nosas redes sociais. Moi atentas!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego