As bocas cosidas
A

Marilar Aleixandre

Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas. A partir destes silencios, a novela reconstrúe a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, “desbridando a cicatriz”, a través da documentación e mediante a imaxinación, desde a adolescencia en Doña Mencía (Córdoba), á participación nos Fillos da Noite ¬—partisanos entre 1936 e 1939—, aos campos de concentración e á guerra despois da guerra. As feridas herdadas entretécense coas colectivas, as penurias dos xornaleiros, a fame, a represión.

Unha obra onde a prosa de Marilar Aleixandre, co seu lirismo contido, ten a capacidade de dar voz aos ecos do pasado, nunha atmosfera impregnada do peso do silencio e da memoria.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'