As adegas de Chantada prepáranse para celebrar os 40 anos da Feira do Viño

A Feira do Viño de Chantada cumpre este ano 40 anos. Para celebrar este aniversario, a feira que dá apertura aos certames vitivinócolas da Ribeira Sacra ten preparadas varias novidades como a nova carpa, que acollerá ás 14 bodegas que participan este ano da festa,  xa está instalada no centro da vila.

O pregón da Feira que se celebrará o 10, 11 e 12 de marzo correrá a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz. Outra novidade atópase na cata popular que custará 5 euros e, á hora de comer, o viño deberá ser mercado nas bodegas xa que as pulpeiras non o venderán.

Ademais, o cartel que anuncia as festas é obra dun nado en Chantada, o cirurxán Alejandro García. O lema: ‘Chantada, corazón de Galicia’.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego