O Wordle, un xogo de palabras en liña gratuíto inventado en 2021 polo inglés Josh Wardle, ten dende xaneiro deste ano a súa versión en galego. A primeira semana, chegou a contar con 17.000 persoas usuarias ao día e, pasados máis de tres meses, a cifra diaria sitúase arredor dos 12.000 segundo a conversa co creador do Wordle en galego, o ourensán Abraham Martínez, recollida no portal Neofalantes.
O xogo, que consiste en adiviñar unha palabra de cinco letras cada día, resulta hoxe un referente para moitas persoas tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.