Arranca a penúltima semana do mes das Letras Galegas da man do Correlingua baixo o lema ‘Na casa, na escola, bota a lingua fóra!’. A primeira marcha comezou este luns en Vigo, a primeira tras a pandemia. Nesta carreira a prol do galego xuntáronse 1.400 escolares de quince centros de Vigo, Panxón e Gondomar.
O Correlingua estará este martes en Ferrol, o mércores en Pontevedra, o xoves en Morrazo-Moaña e o venres en Compostela. Xa na última semana do mes, o luns 19 marchará pola lingua o alumnado de Monforte, o martes o de Lourenzá e o peche terá lugar no concello da Estrada o 31 de maio.
A carreira polo galego conta coa colaboración dos concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Compostela e Coruña xunto coas deputacións de Lugo, Coruña e Pontevedra.