Arranca a terceira edición de ‘en3vistas’ do Concello de Pontevedra con Sés e Baiuca

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta a terceira edición do programa “en3vistas“. O proxecto cuxo obxectivo é “visibilizar a normalidade do uso diario do galego a través de conversas con persoeiros de distintos ámbitos”, arrancou con Sés e Baiuca como primeiros convites.

A xornalista Susana Pedreira tamén recibirá a Antía Otero e Dores Tembrás, ambas de Apiario, xunto con Ledicia Costas  mentres que o mércores o protagonismo recaerá en Elena Ferro, titular da marca Eferro, e Jordí López, de Aí Falaches. Pola súa banda, o 21 de xullo estarán o científico e investigador Ángel Carracedo e a escritora e artista Loli Beloso.

A edición deste 2022 de En3Vistas rematará o venres, 22 de xullo, coa participación de tres coñecidos redeiros en Santa Clara: Nee Barros (@neeumatiko), María Rúa Rodríguez (@pradorua) e Eric do Pazo (@unrapatransquilo).

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego