O estudantado e profesorado dun instituto de barrio obreiro da Coruña vén de facer historia. O IES Rafael Dieste organizou o pasado venres o I Festival do Aquí tamén se fala, unha iniciativa de dinamización cultural e lingüística da que xa forman parte máis de 200 centro de ensino do país. O equipo de Nós Televisión non só asistíu a este Festival senón que tamén pasou as horas previas coa rapazada e profesorado implicados no proxecto, un tempo compartido que centrará unha vindeira reportaxe que compartiremos proximamente nas redes sociais.
Momentos do I Festival Aquí tamén se fala
Para quentar motores de cara esta vindeira reportaxe, compartimos algunhas das imaxes que nos deixou este I Festival do Aquí tamén se fala celebrado na Praza da Tolerancia na Coruña. A este evento asistían representantes políticos como o conselleiro de Lingua, Cultura e Xuventude, José López, que destacaba a importancia da complicidade social conseguida polo proxecto.
🗣 no I Festival #Aquítaménsefala: o conselleiro José López. A transversalidade do #Aquítaménsefala é unha das claves do éxito deste proxecto para @CulturaXunta.
➕ declaracións en ➡ https://t.co/7Qd52Bm42U pic.twitter.com/0MNMPJylXQ
— Nós Televisión (@NosTelevision) June 10, 2024
Os carteis do ‘Aquí tamén se fala’ pódense ver en centos e centos de locais comerciais do país. Así o destacaba unha das integrantes do grupo Lontreira que tamén subíu o escenario. O Concello da Coruña amósase orgulloso do proxecto.
🗣 no I Festival do #Aquítaménsefala: Adriana Cores
Antes de subir ao escenario, @lontreira gababa así o proxecto! 😊
➕ declaracións en https://t.co/7Qd52Bm42U pic.twitter.com/5nAeEwDXMW— Nós Televisión (@NosTelevision) June 10, 2024
O concelleiro de Fomento e Promoción de Cidade, Gonzalo Castro fai fincapé na boa acollida da campaña.
🗣 no I Festival #aquítaménsefala: Gonzalo Castro
O concelleiro de Fomento e Promoción de Cidade (@Cultura_Coruna ) fai fincapé na boa acollida da campaña
➕ declaracións en https://t.co/7Qd52Bm42U pic.twitter.com/an3ejE6kcG— Nós Televisión (@NosTelevision) June 10, 2024
A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra, fai fincapé no potencial da lingua galega se a mocidade a usa.
🗣no I Festival #Aquítaménsefala: Soledad Agra
A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da @Depucoruna fai fincapé no potencial do galego se a mocidade o usa
➕ declaracións en https://t.co/7Qd52Bm42U pic.twitter.com/9hULP4iLoP— Nós Televisión (@NosTelevision) June 10, 2024
Por outra banda, Nuno Pico de Grande Amore destaca a admiración que sente por todo o traballo realizado polas persoas que fan posíbel o Aquí tamén se fala.
🗣 no I Festival #aquitamensefala
Nuno Pico de @Grande_Amore_OG falaba do admirable que é este proxecto saído do IES Rafael Dieste da Coruña ❤
➕ declaracións en https://t.co/7Qd52Bm42U pic.twitter.com/afB5z8nYqS— Nós Televisión (@NosTelevision) June 10, 2024
O grupo Leria destaca tamén como o Aquí tamén se fala axuda aos grupos que cantan en galego.
🗣 no I Festival #aquitamensefala
Desde o grupo #Leria destacan coma este proxecto tamén é outro impulso máis á música galega e en galego 💪
➕ declaracións en https://t.co/7Qd52Bm42U pic.twitter.com/V6x5aw3qR8— Nós Televisión (@NosTelevision) June 10, 2024
Antes do Festival, estivemos no IES Rafael Dieste con Alberto Pombo, impulsor do proxecto xunto con Arcadio González, co profesorado participante a dirección do centro, xunto co alumnado como Oli, Emiko, Olga, Darío… quen protagonizan a reportaxe que chegará pronto a Nós Televisión.