“Aprender português foi uma transformação muito grande para mim”

Centro trinta e tres rapazas e rapaces están matriculados en lingua portuguesa no IES do Milladoiro, situado no concello coruñés de Ames. Grazas a un programa desenvolto pola Xunta de Galicia o Instituto Camões, o alumnado pode examinarse do seu portugués no propio centro educativo e obter o seu certificado oficial. Deste xeito, o alumnado dos anos 2021/2022 recolleron as súas titulacións, 32 acadaron o nivel B1 e tres o A2.

Andrea Abuín, que cursou no Instituto do Milladoiro portugués, salienta da aprendizaxe desta lingua o “câmbio muito grande” na súa concepción da lingua galega e fai fincapé na porta aberta ao coñecemento doutras culturas.

“O galego e o português são línguas irmás”, Filipa Soares

Filipa Soares, coordinadora do Instituto Camões para España e Andorra, parabenizou o esforzo feito polo alumnado e o equipo docente do instituto así como salientou o traballo realizado pola Secretaría xeral de Política Lingüística.

No acto, lembraron os proxectos que se desenvolven desde o Equipo de dinamización da Lingua Galega que poñen o foco na lusofonía como elemento normalizador do galego. Neste punto incidiu tamén Valentín García na súa intervención quen lles fixo ver aos asistentes a vantaxe que lles supoñía saberen galego para acadaren un bo nivel de competencia en portugués nun curto período de tempo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego