Aprender galego é máis fácil cando hai quen che axuda. E para fomentar a aprendizaxe, está o ELOS, un programa de voluntariado lingüístico que se leva a cabo no Concello de Santiago para promover o contacto entre persoas que desexan aprender e practicar galego e persoas que queiran colaborar con elas.
O Concello ven de difundir o novo spot realizado para promover este programa. Anímate a participar en ELOS!



