Con este vídeo aprenderás a escribir en galego internacional ou portugués da Galiza. Partindo do galego que xa coñeces, o que estudaches na escola, e sen deternos en excepcións nin en formas particulares, este vídeo dará as regras xerais mais útiles. Explicaremos a acentuación, os grupos cultos e a ortografía dos principais pares gráficos do galego internacional (b-v; s-ss; c(ç)-z; g/j-x) e daremos uns consellos para as transformacións máis sistemáticas.
Con estes consellos xa poderás lanzarte a escribir en reintegrado, sempre coa axuda dun dicionario e do corrector do teu procesador de textos. E se cometes algún erro? Obviamente, que importancia ten iso para unha ortografía que aínda non ten a oportunidade de se aprender na escola? O extraño sería que non os tiveses.
Un video da AGAL executado por Nós Televisión
Ligazóns:
Conjugador Dicionário Estraviz
Ortografia galega moderna confluente com o portugues no mundo
#GalegoInternacional #Português #Galiza #Galego #AGAL