More

    Anúlase o programa da Festa do Banquete previsto para o domingo por mal tempo

    A Festa do Banquete de Conxo prevista para este domingo, 22 de maio, adiarase para o domingo 29 de maio por mor do mal tempo tal e como vén de informar o Concello de Compostela. Con todo, manterase o Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo que seguirá co horario e actividades previstas tanto o sábado como o domingo. O tren turístico que cobre o percorrido entre a Alameda e o barrio de Conxo tampouco prestará este servizo este domingo 22 de maio, aínda que se mantén o sábado.

    A equipa de Nós Televisión realizou unha reportaxe na que afondamos sobre a historia daquel 2 de marzo de 1856.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego