Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.
Reigosa traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo e colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.
Entre a súa obra destacan títulos como ‘Memorias dun raposo’, ‘Contrahistorias de Galicia’ ou ‘Episodios mindonienses’.