O libro que tes na man loce en calquera estante e queda ben en toda composición que se prece para fotos de interiorismo. O seu contido resume a historia de Reizentolo contada de primeira man e recolle todo un tratado de deseños realizados durante os primeiros 20 anos de vida da marca, con 20 camisetas comentadas por 20 personalidades da cultura galega que –nalgún momento e por casualidade– compartiron andaina con este proxecto popular, divertido e retranqueiro.
Antes molabamos máisA
Varias autorías
#EspazoLiterario
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'