Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground
A

Fernando Fernández Rego

Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo e underground é un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes en Galicia.

Aínda que a música é o eixe central do libro, fanse paradas na contracultura, o “faino ti mesmo”, os fanzines, o audiovisual, a poesía e a plástica.

Porque falamos de tempos novos e efervescentes en que proliferaron os camiños alternativos e subterráneos, e onde ten lugar unha transformación radical, tanto da sociedade como das artes.
Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'