O director do primeiro Centro de Estudos Galedos do continente asiático non só está especializado na nosa lingua senón tamén na súa transmisión interxeracional. O sociolingüistica Anik Nandi, que dirixe este Centro situado en Hyderabad, na India, grazas a un acordo coa Universidade Woxsen e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, reflexiona ante as cámaras de Nós Televisión sobre os últimos datos outorgados polo IGE arredor do uso e coñecemento do noso idioma, ademais de valorar o momento político que atravesa a lingua no que se podería supoñer a renovación do Plan Xeral de Normalización Lingüística, que conta xa con vinte anos.