Andrea Fernández Maneiro, autora destacada pola AELG neste mes de outubro

Nada en Carril, en Vilagarcía de Arousa, Andrea Fernández Maneiro nace no entroido de 1964. Ten pasado por medios de comunicación como a Cadena Ser ou a Radio Galega, para logo desenvolver o seu traballo creativo na poesía e nos microrrelatos.

Entre a súa obra salientan títulos como ‘Contra-Tempos’, ‘Voto de silencio’ ou ‘Edénicas’. Tamén ten galardóns como Premio Galicia de Xornalismo, 1989, na especialidade de reportaxe radiofónico de sucesos. Finalista co poemario “Álxia” no I Certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán, 2018. Primeiro premio da “Maratón fotográfica do 8M” de Vilagarcía de Arousa, 2019.

Tamén leva o primeiro premio, co poemario Contra-tempos, do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba, 2021. Outro primeiro premio do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, co poemario Edénicas e o mesmo no IV Premio de poesía Eduardo Pondal (2022) co poemario Voto de silencio.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego