Ana Pontón sobre a xestión da TVG: “É unha anomalía democrática”

Ana Pontón, a protagonista deste novo episodio de #OVagón tomou un tempo para reflexionar moito antes de que o fixera Pedro Sánchez. Colleu o BNG nun dos peores momentos da súa historia e en menos de dez anos levouno a converterse na primeira forza de esquerdas deste país.

Di que o feito de ser muller tivo moito peso en aceptar a responsabilidade de ser a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e aspira a ser a primeira presidenta da Xunta. 

Ana Pontón protagoniza o 8º capítulo do programa de videopodcast #OVagón que presenta o xornalista Luís Pardo e produce e realiza Nós Televisión, gravado no interior dun tren na Estación de Vedra. A portavoz nacional do BNG fai un repaso pola súa vida política e persoal, cando se cumpre uha década do seu liderado, nunha conversa chea de anécdotas, pero tamén de momentos serios e de confesións nunca contadas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego