Ana Pontón sobe con Luís Pardo ao tren de Nós Televisión

A protagonista deste novo episodio do Vagón tomou un tempo para reflexionar moito antes de que o fixera Pedro Sánchez. Colleu o BNG nun dos peores momentos da súa historia e en menos de dez anos levouno a converterse na primeira forza de esquerdas deste país. Di que o feito de ser muller tivo moito peso en aceptar a responsabilidade de ser a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galeego (BNG) e hoxe segue pensando en converterse na primeira presidenta da Xunta. Quen llo ía dicir a aquela rapaza que lle dixo aos seus pais que estaba na casa dunha amiga para fugarse por primeira vez a Compostela nun 25 de xullo.

Ana Pontón protagoniza o 8º capítulo do programa de videopodcast #OVagón que presenta o xornalista Luís Pardo e produce e realiza Nós Televisión, gravado no interior dun tren na Estación de Vedra.

A portavoz nacional do BNG fai un repaso pola súa vida política e persoal, cando se cumpre uha década do seu liderado, nunha conversa chea de anécdotas, pero tamén de momentos serios e de confesións nunca contadas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego