Ana Freiría: “Os grandes oligarcas sempre levan os beneficios da explotación do medio ambiente e a cidadanía, as perdas”

O ecoloxismo tamén vai de chegar a fin de mes. A activista e representante de Ecoloxistas en Acción, Ana Freiría, senta ante as cámaras de Nós Televisión para botar contas ante como se está a transformar o sector primario en Galiza e a gandeiría intensiva se está a converter nun risco para o noso medio rural.

O noso territorio tamén sofre dunha transformación con respecto á xestión do monte e a problemática engadida dos lumes forestais. A isto súmanse megaproxectos de minaría extractiva que ameazan a Galiza e para a que Freiría sinala unha alternativa de reutilización de materiais convertendo os refugallso tecnolóxicos en materias prima.

Freiría tamén envía unha petición para todos aqueles gobernos que se conformen logo destes meses, tras as eleccións xerais e das municipais. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego