A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega destaca neste mes de febreiro á autora Ana Cabaleiro, xornalista e escritora galega. Cabaleiro publicou o seu primeiro libro en 2017 ‘Sapos e sereas’ co que chamou a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero. Tamén é autora de ‘As ramonas’ co que obtivo o Premio García Barros, ‘Deixádenos remas’ co que en 2021 foi finalista do Premio Xerais 2020 e, recentemente, en 2022 recibiu o I Premio Exeria do Concello de Santiago por ‘Shukran’.
O seu traballo como escritora tamén se vincula co de colaboradora de revistas como Ligeia, Grial, Sermos Galiza ou o Boletín Galego de Literatura. Tamén traballou como xornalista en Radio Estrada ou no gabinete de comunicación da Deputación de Pontevedra.