AMEGA promove a reflexión arredor da situación das mulleres nos medios de comunicación en galego

A Asociación de Medios de Comunicación en Galego (AMEGA) está a organizar un ciclo de conferencias para reflexionar sobre o pasado, presente e futuro dos medios en galego. Entre as inquedanzas a abordar atópase o papel das mulleres nos medios de comunicación participando da palestra Ana Romaní, Real Academia Galega; Lucía Junquera, Colexio de Xornalistas de Galicia e Laura Moure, Ecos da Comarca.

A xornada transcurríu na Universidade de Santiago de Compostela onde se reflexionou sobre as necesidades non só de que as mulleres estean presentes nos medios senón tamén a transformación feminista.

Outras xornadas

A vindeira xornada sucederase o luns 19 na Universidade de Vigo onde se aborará ‘Os medios en galego ante os novos retos da comunicación’ con Xosé Baamonde, María Cruz Negreira, Laura Filloy e Manuel Gago.

.  A AMEGA tamén organizou a xornada ‘150 anos do Tío Marcos da Portela’ con Xosé López, Xurxo Salgado e Silvia Crregal na Universidade da Coruña.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego