Allariz, Vilar de Santos e Castro Caldelas homenaxearán a Vicente Risco no sesenta aniversario do seu pasamento

O 30 de maio de 1963, Vicente Risco falecía na súa cama en Ourense. Van sesenta anos xa desa data polo que a Fundación Vicente Risco, co apoio de diversas institucións e colectivos, conmemora cunha diversidade de actividades que chegarán aos concellos de Allariz, Vilar de Santos e Castro Caldelas.

En Allariz, este sábado están previstos actos como a creación dun mural e un recital poético. En Vilar de Santos, o mesmo día, haberá concerto. O domingo, día 30, data da morte, teñen contacontos e ofrenda no cemiterio de Allariz. Xa en maio, o día 5, será a quenda dun concerto en Castro Caldelas que homenaxeará ao autor.

Tamén dentro deste programa de actividades, se celebrou a ponencia ‘Manuel Murguía e Vicente Risco: dous piares da cultura galega’ no Liceo de Ourense.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego