O autor Pablo García Martínez presentará a súa obra ‘Alguén virá. Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane’, editada por Laiovento, a tarde do xoves, 1 de xuño, na Libraría Couceiro de Compostela. O evento terá lugar ás 19.30 horas e tamén contará coa participación de Prudencio Viveiro Mogo por parte da editorial.