A editorial Xerais presenta esta tarde, ás 19.30 horas, na libraría Lila de Lilith de Compostela a obra ‘Alguén nos lembrará’, unha antoloxía de relatos LGBTIQA+ con textos de 15 autories de menos de 30 anos. Na presentación, participarán unha parte importante das autorías dos relatos xunto co director de Xerais, Fran Alonso.