O escritor e xornalista Alberto Ramos faise co Premio Narrativa Breve Repsol 2022 coa obra ‘Os corpos de Romanov. Matthias Lentz’. O autor compostelán xa ten recibido outros galardóns pola súa obra como o Premio García Barros ou o Vicente Risco de Creación Literaria.
Nesta 16 edición, o Premio Narrativa Breve Repsol contou coa participación de 28 obras orixinais e inéditas. O acto oficial de entrega realizarase no último mes do ano na Coruña.