Máis de 200 centros de ensino en toda Galicia forman parte da iniciativa Aquí tamén se fala! Unha iniciativa cultural e de dinamización da lingua galega promovida polo IES Rafael Dieste da Coruña e que curso tras curso desenvolve, da man da rapazada, unha chea de actividades a favor da normalización do noso idioma.
Alberto Pombo é un dos profesores que está á fronte desta inicativa desde o inicio e agora director do centro. Sentamos con el para falar sobre a situación na que está o galego no ámbito educativo e na mocidade.



