Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais

As obras cos títulos A boca do río, A banda da Albóndega e A lingua dos grifóns resultaron gañadoras do XLIII Premio Xerais de Novela, o XLI Premio Merlín de Literatura Infantil e o XVIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Os textos son obra de Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo, respectivamente. Cada un dos galardóns ten unha dotación de 10.000 euros.

Tras o proceso de edición das tres obras gañadoras, Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no mes de outubro, cando os libros estean xa nas librarías. O acto terá lugar o sábado 10 de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego