Alberte Blanco Casal, autor destacado pola AELG neste mes de setembro

Nado en Vilaboa (Pontevedra), Alberte Blanco Casal destaca pola súa actividade como escritor de novela, a súa participación política a través do BNG e o desenvolvemento da súa carreira como exeñeiro técnico industrial. Neste mes de setembro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destaca a Blanco Casal como autor do mes.

O autor ten obras como ‘Arcadia. Os gardiáns do segredo’ ou ‘O Códice Esmeralda‘. Tamén participou na obra colectiva Os incendios forestais en Galicia, editada polo Consello da Cultura Galega en 2006 e coordinada por Francisco Díaz-Fierros e Plácido Baamonde. Colaborou como coordenador en O monte galego, caos ou desenvolvemento muntifuncional?, obra colectiva editada en 2017 por Sermos Galiza. En 2021 publicou a obra de ensaio Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo, editada por Edicións Xerais.

Blanco Casal foi membro do Consello Nacional do BNG entre 1987 e mediados dos anos 90. Exerceu como concelleiro nacionalista en Verín dende 1991 ata 2005. Na lexislatura 2003-2005, en calidade de membro do BNG, foi portavoz e tenente de Alcalde. Entre 2005 e 2009 foi Director Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural.

Ademais, foi profesor numerario de Tecnoloxía do Instituto de Ensinanza Secundaria de Verín, do que foi director entre os anos 2002 e 2005. Foi fundador, en 1988, da Asociación Cultural Monterrei de Verín e da súa revista A Tempo.

Vídeo da AELG

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego