Alba Nogueira López é xurista e catedrática de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela con traballo e compromiso a prol da lingua galega. Por este compromiso social coa lingu galega recibiu en 2011 o Premio Lois Peña Novo. Nogueira tamén forma parte do consello científico da revista catalá Llengua i Dret. Ademais, ten escrito obras como ‘Estatuto xurídico da lingua galega. Xerais, 2005 (con Antonio X. Ferreira, Anxo Tato e Luís Villares)’ e ‘Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica. Universidade de Vigo, 2014’.
Falamos con Alba Nogueira a raíz do 20 aniversario do Plan Xeral de Normalización Lingüística, que fora no seu momento aprobado por unanimidade na sede parlamentaria galega.
COÑECER ➕SOBRE ESTE DEBATE POLO GALEGO:
A intención de actualizar o PXNL por parte da Administración foi anunciada en sede parlamentaria polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, no mes de maio deste 2024. Este anuncio recibíuse con escepticismo polo PSdeG e o BNG ao considerar que o Goberno do PP nestes 20 anos non desenvolveu ese mesmo PXNL.
Arredor deste debate, Nós Televisión realizou diversas entrevistas que podes atopar na nosa canle de youtube e en nostelevision.gal.