Xotas, muiñeiras, valses e pasodobres. Sexan soltos, ou sexan agarrados, Ailá chega para sacar punto e facer bailar. O grupo, composto por Xan Pampín, Ángela Carou, Manuele Pardo e Abel Gañete, lanza o seu primeiro traballo discográfico: Ailá.
A banda compostelá, fraguada nas noites de foliada na Casa das Crechas e representante de Galicia no Festival Celtic Connection 2020, publica nesta primavera un álbum que propón achegar ao público unha óptica moderna da tradición oral galega acompañada de sonoridades festivas e actuais: “Queremos espallar e compartir a enerxía universal tan propia do canto e do baile tradicional de Galicia, a súa esencia máis fonda, a súa alegría”, expón o grupo.
Traémosvos a nosa conversa con tres das catro integrantes deste grupo picheleiro.