Aida Tarrío, a compoñente máis nova de Tanxugueiras, nada en Ribeira e con formación en danza e música tradicional galega, protagoniza o Rostros do País que Nós Televisión emitirá este sábado a través da súa canle de YouTube.
Na entrevista, que tivo lugar na Casa do Taberneiro, Tarrío fálanos dos seus inicios artísticos, reflexiona sobre o rol de cada unha das integrantes de Tanxugueiras e é clara na súa postura con respecto a temas de envergadura como a existencia de sexismo na industria musical.