Aída Tarrío: “A sonoridade de Tanxugueiras estaba nas nosas cabezas pero non sabiamos expresala”

Aida Tarrío nace en Ribeira en 1997. Ela é cantareira, pandeireitera e bailadora. A súa formación artística ten a raíz nas súas avoas e agroma no Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme. Nas foliadas coñece ás irmás Olaia e Sabela Maneiro e con elas, en 2016, forma o grupo Tanxugueiras. Desde aquela revolucionan xuntas a música tradicional galega. Ben sexa no Benidorm Fest onde defenderon a súa candidatura a Eurovisión coa canción Terra. Ben sexa nos escenarios e torreiros das festas. Quedamos con Aida Tarrío na Casa do Taberneiro, na rúa de San Pedro de Compostela. Sentamos a falar con ela sobre as músicas de raíz, danza, feminismo… ata do Luar. Non existe pregunta que Aida non saiba responder.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego