Nestas datas podes achegarte aos nosos espazos literarios e coñecer coas súas autoras e autores algunhas das últimas novidades e agasallar cultura e literatura galegas! Pode ser unha novela como ‘A casa grande’ de Olaia Sendón publicada por Xerais. Pode ser un ensaio, un conxunto de artigos cos que descubrir moitas curiosidades sobre o mundo da escrita como ‘Literatura insólita’ de Armando Requeixo publicado por Galaxia:
Ou podes agasallar ás máis miúdas da casa co Premio Fina Casalderrey de literatura infanil pola igualdade, ‘O segredo das Cíes’ de A.R. do Lobo, publicado por Baía e con ilustracións de Blanca Millán:



