A Associaçom Galega da Língua (AGAL) lanza ‘Agalinhas‘, un proxecto de videocontos destino ás crianzas co obxectivo de xerar recursos en galego orientados á infancia logo dos últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) que reflexan unha baixada no uso e coñecemento da nosa lingua en xeral e, en especial, entre as persoas máis novas.
Deste xeito, ‘Agalinhas’ conta co seu propio canal no Youtube Kids, aberto para dar cabida a diferentes contos promocionando a literatura galega. Cada un dos vídeos protagonízao unha persoa diferente sendo todas elas do ámbito cultural galego ou lusófono e conta cunha unidade didáctica dispoñible en formato pdf. O proxecto conta co apoio da Deputación da Coruña.