Carlos Mella, economista, político, escritor, morreu este 21 de abril aos 95 anos. O que foi vicepresidente da Xunta con Xerardo Fernández Albor e liderou as listas do BNG ao Parlamento Europeo en 1994 protagonizou unha vida na que por enriba de todo, sempre exerceu de galego.
As cámaras de Nós Televisión entrevistámolo hai uns anos, nesta conversa dirixida por Xosé Antón Bocixa, realizada por Tingalaranga, que está dispoñible na nosa canle de youtube.



