Adelina
A

Adelina foxe da residencia de anciáns onde está internada contra a súa vontade cun propósito tan teimudo coma ela: volver a súa casa. Esta é a sinopse da banda deseñada gañadora do Premio Castelao e que publica Galaxia. A súa autora é a lucense Sandra Lodi, unha ilustradora, deseñadora e artista plástica lucense afincada en Santiago de Compostela. Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca, época en que tamén tivo a oportunidade de coñecer o método de produción creativa da Accademia di Brera (Milán). Actualmente publica as súas ilustracións na revista satírica Mongolia e na publicación semanal El Estafador, ademais de colaborar con outros xornais como ilustradora de prensa.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'