Adegas Tapias Mariñán e Leite Noso, Premios Bacelos de Prata 2023

Os Premios Bacelos de Prata, convocados pola Asociación Álvaro das Casas para galardoar ás empresas que apostan polo galego no sector agroalimentario, distinguiu na súa XV edición á Adega Tapias Mariñán e a Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos.

O xurado valorou a aposta pola lingua galega de ambas entidades destacando tamén o seu uso nas etiquetaxes. Este é o caso tanto de Adegas Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei, situada na localidade de Pazos (Verín), con actividade desde o ano 2007 como a empresa Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos constituída no 2016, en Santiago de Compostela, coa vontade de garantir unha produción de leite de calidade e a súa comercialización a través de dúas marcas, Deleite e Muuu.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego