A organización ecoloxista ADEGA presentou a obra ‘Prestige. 20 anos x 20 voces’, da Editorial Galaxia, para dar testemuño da experiencia da entidade naquel momento histórico
para o activismo ecoloxista galego e a sociedade galega, tamén para mostrar o seu agradecemento ás autoras e autores da publicación, que decidiron destinar parte dos beneficios deste libro en favor de ADEGA.
Pola súa parte, a editorial Galaxia doará a ADEGA un 5% da recadación obtida polas vendas da publicación como contribución á súa acción altruísta na defensa ambiental de Galiza.
No libro colectivo ‘Prestige, 20 anos x 20 voces’, vinte escritoras e escritores galegos,
encabezadas pola recente Premio Nacional de Narrativa Marilar Aleixandre, lembran coas
súas propias palabras aqueles días incertos e aciagos.