A asociación ecoloxista ADEGA vén de pedir un apoio urxente a toda a cidadanía galega para frear os proxectos de parques eólicos que non cumplen coa legalidade vixente e que amezan o patrimonio natural e cultural. Para canalizar este apoio, lanzan a campaña Ti Podes Paralos! onde están activos os desafíos correspondentes a cada un dos proxectos para procurar fondos económicos cos que emprender accións xudiciais no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Os prazos para conquerir o primeiro reto económico dalgúns deles están a piques de esgotarse, polo que ADEGA solicita un último esforzo en doazóns na defensa destes espazos. Trátase, en concreto, dos parques eólicos Xeada e Orballeira no Courel; Serra do Colmo, Serra de Piñeira, Chao do Marco, Serra do Furco e Reboiro nos Ancares; e Fial das Corzas no Macizo Central Ourensán. “Trátanse de parques situados en zonas de moi alto valor ambiental e patrimonial que aínda están virxes de desenvolvemento eólico e quecómpre preservar”, advirten desde ADEGA.