Neste Día Internacional da Terra, a asociación ecoloxista ADEGA publicará ao longo do día de hoxe nas súas redes sociais un total de 50 Eco-poemas enviados polos seus socios e socias e simpatizantes para simbolizar o amor pola Terra.
As ecoloxistas chaman a cambiar o modelo de vida capitalista por un máis sostible e en harmonía coa natureza. “A Covid-19 debe de constituír para as administracións públicas e privadas e para as persoas un punto de inflexión cara ao desenvolvemento dunha nova relación coa Terra, baseada desta volta, no respecto, no amor e na complicidade, co obxectivo, non só de preservar a contorna, senón de garantir a nosa supervivencia como especie no Planeta”, destacan.
Para ADEGA esta nova relación coa Terra leva implícito o abandono dun sistema económico “que empuxa ao consumo desmedido de bens e servizos e á procura do beneficio á costa da inxustiza social e ambiental”.