Ata o 5 de setembro, as artistas de Galicia e do Norte de Portugal xa se poden inscribir para participar na XIV edición Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Haberá tres premios de 4.000€, 2.000€ 1.500€ e trinta obras seleccionadas serán expostas nunha mostra itinerante.
Segundo consta nas bases publicadas, poderán concorrer ao certame todos os artistas da Eurorrexión cunha única obra de pintura orixinal e inédita que non fose exposta nin presentada con anterioridade a ningún outro certame ou concurso. Toda a información necesaria para participar no certame atópase na web.
Unha vez pechada a recepción das obras, o xurado seleccionará as 30 propostas finalistas que configurarán o catálogo dixital do premio e constituirán a colección itinerante para as sucesivas exposicións que terán lugar nas cidades galegas e portuguesas pertencentes ao Eixo Atlántico. O fallo do xurado farase público o día da inauguración da exposición, cando tamén se fará entrega dos premios aos galardoados.
Premios
• Premio Eixo Atlántico: 4000 euros
• Segundo Premio: 2000 euros
• Premio ”Novos Talentos Luso – Galaicos” para novos artistas (de entre 16 e 25 anos): 1500 euros