Aberto até este xoves o prazo para inscribirse na Carreira Popular IV Clásica TGM de Arzúa

Co lema “Volemos á rúa”, este domingo por fin se celebrará de novo en Arzúa de forma presencial, despois de dous anos de parón pola pandemia, a VI Carreira Popular Clásica TGM-Toldos Gómez. O prazo para inscribirse e poder participar no evento remata este xoves, 8 de setembro, antes da medianoite.

Durante o percorrido poderanse ver algúns dos puntos máis emblemáticos de Arzúa e do Camiño Francés ao seu paso por esta localidade, como pode ser a capela da Magdalena do século XVI ou a estatua das queixeiras na praza de Galicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A inscrición será gratuita para todas aquelas persoas menores de 18 anos, co obxectivo de fomentar o deporte entre a mocidade e todas aquelas pequenas e maiores que desexen participar, poderán facelo nunha das seguintes modalidades:

  • CATEGORÍA PITUFOS (A partir de 7 anos): Haberá un trazado de 300 metros.
  • SUB 10 A SUB 13: Contarán con 1 km de percorrido.
  • SUB 14 A SUB 18: Percorrerán 2 km.
  • CATEGORÍA PERSOAS ADULTAS: O percorrido son 10 km.

Todas as persoas que participen serán obsequiadas con algún premio da organización e os primeiros postos en femenina e masculina terán a maiores un premio en metálido e un trofeo (175 euros para o primeiro posto, 125 euros para o segundo, e 100 euros para o terceiro posto). Os equipos federados tamén terán premio de 200, 100 e 75 euros respectivamente, xunto co trofeo, e haberá a maiores premios especiais.

Para ter máis información e proceder á inscrición, podes ENTRAR AQUÍ.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego